Tecedeira
Chega un intre en que te desatas.
Médrache o estómago e médranche
fillos enfermos dentro.
E necesitas liberarte.
E berras.
Escribes poemas contra o pasado.
Rexeitas a submisión, o abandono das
mulleres.
Matas ese sexo oprimido e pegas
carteis nos ollos, sabes que son carteis
moi violentos pero non che queda
máis remedio que falar.
Eu caín borracha nas rúas.
Liberei o meu nome.
Tantas costuras golpeando o meu fillo
enfermo.
Era necesario o aborto das palabras.
Tiven que abortar pedindo auxilio.
Lupe Gómez,
Azul e Estranxeira
No comments:
Post a Comment